Skip to Content

Información sobre o sistema de acceso ao curso 2024-2025

O acceso ao centro para o curso 2024-2025 poderá realizarse:

Convocatoria Ordinaria: Acceso ao 1º curso do Grao Elemental e Acceso ao 1º curso do Grao Profesional

As probas de acceso  ao 1º curso do Grao Elemental e ao 1º curso do Grao Profesional terán lugar a partir do 4 de xuño de 2024.

Aprobada pola XGL do 25/03/24 a Oferta Pública de Prazas para o Curso 2024-2025

Oferta publica de prazas curso 2024-2025

O prazo de matrícula, para ámbolos dous graos, será desde o 2 ata o 10 de maio de 2024.

Toda a información sobre as probas de acceso ao GRAO ELEMENTAL poderase consultar premendo neste enlace ou ben no documento adxunto que figura baixo estas liñas, onde poderán atopar  os contidos das probas e criterios de avaliación das mesmas.

Toda a información sobre as probas de acceso ao GRAO PROFESIONAL poderase consultar premendo neste enlace ou ben no documento adxunto que figura baixo estas liñas, onde poderán atopar  os contidos das probas, repertorio orentativo de cada especialidade e criterios de avaliación das mesmas.

Premendo neste enlace accederán ao Impreso de Matrícula

 Convocatoria Extraordinaria: Accesos a outros cursos do Grao Elemental ou Grao Profesional diferentes de 1º.

Esta convocatoria está supeditada á existencia de prazas vacantes nas diferentes especialidades ofertadas polo centro.

Os/as interesados/as deberán realizar a solicitude de acceso extraordinario entre o 3 e o 14 de xuño de 2024, remitindo á secretaría do centro o impreso de solicitude que figura baixo estas liñas debidamente cumprimentado.

- Traslados de expediente: 

Os traslados de expediente están supeditados á existencia de prazas vacantes nas diferentes especialidades ofertadas polo centro.

Os/as interesados/as deberán realizar a solicitude de traslado de expediente entre o 3 e o 20 de xuño de 2024, remitindo á secretaría do centro o impreso de solicitude que figura baixo estas liñas debidamente cumprimentado e achegando a certificación dos estudos cursados noutro centro.

Nota: Unha vez rematados os prazos anteriormente sinalados, e de xeito excepcional, poderanse realizar solicitudes de acceso extraordinario ou traslados de expediente  sempre que existan prazas dispoñibles na especilidade á que se desexe optar.

Calendario académico do curso 2023-2024

O curso académico no conservatorio profesional de música abranguerá dende o 11 de setembro de 2023 ata o 28 de xuño de 2024 ambos incluídos.

 Días non lectivos:

Venres  13 de outubro de 2023 , día do ensino, Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades.

Xoves 7 de decembro de 2023, día non lectivo, elixido polo centro.

 Avaliacións:

 · Sesión da 1ª avaliación: venres 24 de novembro de 2023

·  Sesión da 2ª avaliación: venres 8 de marzo de 2024

·  Sesión da 3º avaliación -  6ºGP: luns 13 de maio de 2024

·  Sesión da 3º avaliación - Convocatoria ordinaria: martes 4 de xuño de 2024

·  Sesión da 3º avaliación - Convocatoria extraordinaria: xoves 20 de xuño de 2024

As cualificacións da primeira avaliación poderanas consultar na plataforma CENTROSNET o día que se celebre a sesión a partir das 20:00 horas.

  Eventos:

De xeito detallada, no menú lateral superior dereito das súas pantallas,  poderán consultar todos os EVENTOS que terán lugar  ao longo do curso académico, tales coma: exames, audicións, concertos,  etc., premendo sobre o calendario nos días marcados en negrilla. Para a súa consulta por meses, picar sobre o nome do <<mes>> a consultar do curso académico 2023-24.

Calendario académico

calendario 23-24 

Guía de acceso as plataformas CENTROSNET e Aula Virtual

 

Para ao acceso á plataforma CENTROSNET deberán premer no seguinte enlace:

https://www.informaticacentros.com/centrosnet/ultralogin.php?tcentro=CMU&centro=PO9

O alumnado matriculado no centro en anos anteriores mantén o mesmo usuario e contrasinal.

O alumnado de novo acceso debe realizar os seguintes pasos:

Na pestana de Login alumnos deberán introducir

1. Data de nacemento do/a alumno/a no formato 00-00-0000

2. DNI do/a alumno/a sen letra

3. Premer en ENTRAR

4. A plataforma solicitará indiquen unha contrasinal persoal e un enderezo de correo electrónico, para proceder ao acceso definitivo á plataforma CENTROSNET, na que poden consultar os horarios, expediente, cualificacións, faltas de asistencia, etc…

 APP CentrosNet

Todo o alumnado e as súas familias poden acceder á APP da plataforma de xestión académica CENTROSNET no seu móbil ou tablet na que terán un cómodo acceso aos horarios , avisos de publicación de cualificacións, faltas, etc… Para elo é necesario que previamente teñan accedido a CENTROSNET para darse de alta na plataforma desde o seu ordenador tal e como figura anteriormente sinalado.

 Para a descarga da  APP CentrosNet deberán seguir os seguintes pasos:  

  1. Descargar a APP CentrosNet  (Play Store – Apple)
  2. Unha vez descargada seleccionar o centro C.M.U. Vilagarcia de Arousa
  3. Introducir o usuario (Data de nacemento do/a alumno/a no formato 00-00-0000)
  4. Introducir a contrasinal: a que teñen indicado para o acceso a CENTROSNET desde o seu ordenador

AULAVirtual

A AulaVirtual é un espazo virtual de docencia e de transmisión de contidos educativos que todo o profesorado terá actualizada no espazo das respectivas materias e estará dispoñible a partir do mes de setembro.

Todo o alumnado (ou as súas familias no caso de alumnos/as que non sexan quen de facelo solos) deben acceder a AulaVirtual no seguinte enderezo

https://www.edu.xunta.gal/centros/cmusprofesionalvilagarcia/aulavirtual/

O  alumnado matriculado no centro en anos anteriores manten o mesmo usuario e contrasinal de acceso.

O alumnado de novo acceso debe realizar os seguintes pasos:

  •  Indicar o usuario, que é o nome de cada alumno deste xeito: nome.apelido.apelido. No caso de ter un nome composto será: nomenome.apelido.apelido
  • Remitiremos á contrasinal de acceso por correo electrónico que deben mudar tan pronto accedan.

Unha vez realizada a alta na AulaVirtual poden descargar a APP de moodle para o seu móbil do seguinte xeito:

ANDROID: https://play.google.com/store/apps/details?id=com.moodle.moodlemobile&hl=es_419 

APPLE: https://apps.apple.com/es/app/moodle/id633359593

  1. Introducir o enderezo da AulaVirtualhttps://www.edu.xunta.gal/centros/cmusprofesionalvilagarcia/aulavirtual/ 
  2. Introducir os datos que solicite a APP.

  Para calquera dúbida poden dirixirse ao correo electrónico de secretaria@cmusvilagarcia.gal  ou no teléfono do centro 986500916

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut