•  
  • ';
  •  

Un centro público e oficial emprazado ao carón do mar

O Conservatorio Profesional de Música de Vilagarcía de Arousa é un centro público e oficial no que se imparten as ensinanzas de réxime especial de música reguladas pola Lei Orgánica de Educación – LOE - e xa que logo, conducentes a titulación oficial.

Os estudos nos Conservatorios de Música desenvólvense en tres graos: elemental, profesional e superior. Os dous primeiros pódense cursar no Conservatorio Profesional de Música de Vilagarcía, mentres que o grao superior unicamente pode cursarse en centros creados especificamente para o mesmo. No caso de Galicia estes últimos están ubicados en Vigo e A Coruña.

A nosa dirección é:

Conservatorio Profesional de Música
Auditorio Municipal 1º andar
Avda. da Mariña nº 27
36600 Vilagarcía de Arousa


Teléfono: 986 500916
Fax: 986 504226
Correo electrónico: conservatorio@vilagarcia.es
Web: www.conservatoriovilagarcia.es


As oficinas funcionan en horario de mañá [10:00-13:00 h] e tarde [16:00-20:00 h.].

As clases impártense en quenda de tarde, aínda que existe a posibilidade de levar a cabo algunha disciplina en horario de mañá, sempre que exista mutuo acordo entre o profesor e o/a alumno/a.

Para calquera dúbida ou aclaración poden dirixirse ás oficinas do centro no horario de atención ao público.

Ademais, neste PDF podes consultar a nosa Carta de Servizos:

Carta de Servizos do Conservatorio Profesional
de Música de Vilagarcía de Arousa