O acceso ao centro para o curso 2024-2025 poderá realizarse:
- Convocatoria Ordinaria: Acceso ao 1º curso do Grao Elemental e Acceso ao 1º curso do Grao Profesional
As probas de acceso ao 1º curso do Grao Elemental e ao 1º curso do Grao Profesional terán lugar a partir do 4 de xuño de 2024.
Aprobada pola XGL do 25/03/24 a Oferta Pública de Prazas para o Curso 2024-2025
O prazo de matrícula, para ámbolos dous graos, será desde o 2 ata o 10 de maio de 2024.
Toda a información sobre as probas de acceso ao GRAO ELEMENTAL poderase consultar premendo neste enlace ou ben no documento adxunto que figura baixo estas liñas, onde poderán atopar os contidos das probas e criterios de avaliación das mesmas.
Toda a información sobre as probas de acceso ao GRAO PROFESIONAL poderase consultar premendo neste enlace ou ben no documento adxunto que figura baixo estas liñas, onde poderán atopar os contidos das probas, repertorio orentativo de cada especialidade e criterios de avaliación das mesmas.
Premendo neste enlace accederán ao Impreso de Matrícula
Convocatoria Extraordinaria: Accesos a outros cursos do Grao Elemental ou Grao Profesional diferentes de 1º.
Esta convocatoria está supeditada á existencia de prazas vacantes nas diferentes especialidades ofertadas polo centro.
Os/as interesados/as deberán realizar a solicitude de acceso extraordinario entre o 3 e o 14 de xuño de 2024, remitindo á secretaría do centro o impreso de solicitude que figura baixo estas liñas debidamente cumprimentado.
- Traslados de expediente:
Os traslados de expediente están supeditados á existencia de prazas vacantes nas diferentes especialidades ofertadas polo centro.
Os/as interesados/as deberán realizar a solicitude de traslado de expediente entre o 3 e o 20 de xuño de 2024, remitindo á secretaría do centro o impreso de solicitude que figura baixo estas liñas debidamente cumprimentado e achegando a certificación dos estudos cursados noutro centro.
Nota: Unha vez rematados os prazos anteriormente sinalados, e de xeito excepcional, poderanse realizar solicitudes de acceso extraordinario ou traslados de expediente sempre que existan prazas dispoñibles na especilidade á que se desexe optar.